Lacras sociais…
…os xardíns son unha lacra para a sociedade, a seguridade pública é unha lacra para a sociedade, os centros de ensino públicos son unha lacra para a sociedade… todo sistema público é unha lacra para a sociedade, así que dende aquí propoño privatizar todo!
Quero ter que pagar por coller un libro na biblioteca. Quero ter que pagar por ver un pedazo de herba nunha plaza. Quero ter que pagar para que o concello me envíe a súa información na miña lingua. Quero ter que pagar por andar pola beirarúa.
E esixolle a todo goberno… que me deixe en paz e que vaia tomar por saco!



Imaxínate que cambio nos presupostos estatais se se deixan de paghar todas estas cousas inútiles que só serven para ter contentos a eses 4 cortos de mira que pensan que o progreso dunha nación está en poder ir ó médico ghratis… Así si que avanzaría a nación, e a ver quen tiña despois os mellores equipamentos en Irak e demais accións militares preventivas.