A dorfunteca CLI Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

5entido5

pousa os teus beizos sobre os meus e deixa un número de teléfono… pero que non sexa o teu
sentado na beirarúa esmoleo unha mirada túa, e en canto a teño… esvaro polo sumidoiro
camiño entre o os teus cabelos e noto como se erizan ó meu paso… tentando evitar o meu avance
deixa que che conte unha cousa, ben preto… e non rompas o segredo comigo
non te sinto respirarme, nin o aire que me di que estás viva… ó mellor é preferible así

Sen comentarios