Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xuño 1st, 2004



01.
Xuño
ás 20:53
0

Acabáronse os virus?

arquivado en: Ceros e uns, Xeral

Non, pero a xente que loita contra eles aumenta.

Virustotal non é un antivirus, pero é unha boa ferramenta de estudio, seguranza, e… nunca se sabe!

Que ninguén desinstale o seu antivirus!!! Pero se tes algún arquivo do que sospeites e do que o teu antivirus non amosa perigosidade algunha… non te arrisques!

    Etiquetags:




01.
Xuño
ás 20:41
0

5entido5

arquivado en: Xeral

pousa os teus beizos sobre os meus e deixa un número de teléfono… pero que non sexa o teu
sentado na beirarúa esmoleo unha mirada túa, e en canto a teño… esvaro polo sumidoiro
camiño entre o os teus cabelos e noto como se erizan ó meu paso… tentando evitar o meu avance
deixa que che conte unha cousa, ben preto… e non rompas o segredo comigo
non te sinto respirarme, nin o aire que me di que estás viva… ó mellor é preferible así

    Etiquetags:




01.
Xuño
ás 11:52
1

Lacras sociais…

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

…os xardíns son unha lacra para a sociedade, a seguridade pública é unha lacra para a sociedade, os centros de ensino públicos son unha lacra para a sociedade… todo sistema público é unha lacra para a sociedade, así que dende aquí propoño privatizar todo!

Quero ter que pagar por coller un libro na biblioteca. Quero ter que pagar por ver un pedazo de herba nunha plaza. Quero ter que pagar para que o concello me envíe a súa información na miña lingua. Quero ter que pagar por andar pola beirarúa.

E esixolle a todo goberno… que me deixe en paz e que vaia tomar por saco!

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999