Arquivos de Xuño, 2004
ás 15:32
Dia do Patrón. Manual de uso e disfrute. (I)
O día do patrón, ben ser a exaltación máxima da festa popular.
Chegado o verán, a nosa terra salpícase de celebracións e festexos, e estou seguro que se un quixese/puidese, podería ir saltando de festa en festa dende xuño até setembro, sen que ningún día tivese carencia de festexo asegurado.
Dende aquí vou dar unhas pinceladas (que agardo se completen nos comentarios :wink:) sobre o funcionamento, características, e consellos para unha boa celebración da festa nai.
Normalmente, o día do patrón, fai coincidir a celebración d@ sant@ patrón(a) da parroquia en cuestión, cuns festexos pagan-relixiosos que tratan de homenaxeal@. Soe haber un día grande, no que a capilla d@ sant@ é engalanada de xeito especial e celébrase ademáis unha procesión, na que moitas veces é complicado conseguir ter a honra de levar ás costas a imaxe louvada. A misa das 12 é o punto de inicio de tal conmemoración, que se completa co lanzamento de bombas de palenque de ruido ensordecedor (cobizadas polos rapaces que pelexan por atopar as canas), e un pasarúas a cargo dalgún grupo rexional con gaita, tamboril, e bombo. Remata esta parte coas tradicionais pezas da misa, amenizadas pola orquestra contratada para tal efecto (e que normalmente tocarán tamén na festa nocturna), onde un popurrí de salsas, merengues, pasodobles, rancheras e demáis bailes populares, fan as delicias de nenos e grandes, mentras van facendo boca para o xantar que se aveciña.
Unha panorámica amosa no campo da festa (normalmente un campeiro) a situación privilexiada e central do palco, que é acompañado dos bares (simples barras cubertas cun toldo a proba de calquera climatoloxía) onde os preciados Larios con Coca-cola e Martinis compiten entre sí por ser a bebida oficial da festa. E seguen multitude de barracas con xogos diversos que van desde as tradicionais barcas (nas que se celebraban as competicións por saber quen a levaba máis alta… a risco de sair despedido polos aires); o tiro (onde as escopetas de balíns descalibradas e os palillos irrompibles facían imposible conseguir o preciado agasallo); o tio vivo (en multitude de versións, formas e cores, pero sempre con vistosos debuxos); os coches de choque (se os Modern Talking coñecesen a SGAE!!!); e un sinfin de atraccións, a cada cal máis espectacular. Non debemos esquecer ademáis os postos de xoguetes e larpeiradas, onde ainda hoxe é posible mercar un paquete dos míticos chicles bam-bam, ou as pipas de bolsa branca de 5 pts.
A comida do día do patrón soe vir caracterizada por uns platos comúns, a saber: Empanada, callos e carne asada. Existindo variantes de paella, lacón asado,… ou calquera outra comida abondosa de calidade e que resultaría imposible rematar, incluso ainda que viñese comer toda a parroquia. Ademáis nos postres, non han faltar roscóns, queiques, e queixo do pais. O alcol é cousa aparte e o viño da casa toma lugar preferencial na mesa, e baixo ningún motivo debe faltar.
Toda esta cantidade inxente de comida durará varios días e servirá para a alimentación semanal de toda a familia… todos sabemos que vale máis que faga mal, ca que sobre.
(continuará?)
- Etiquetags:
ás 14:50
Accións en vacacións
Pois si, empezan as vacacións… para algúns polo menos. Por diante, preséntanse acampadas, festivais, rutas de sendeirismo, máis festas, concertos, … Vamos, que non vai haber acougo nestas datas!
Asi que a dorfunteca vai quedar un pouco abandoada durante este mes. Tentarei relatar algunha das aventuras vividas, e calquera outra cousa que me pase polo maxín
Se alguén quere recomendar algo, xa sabe que se admiten suxerencias.
- Etiquetags:
ás 10:15
Recibo no cartafol de correo lixo…
arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral
SOCIALISMO es cuando: Usted tiene dos vacas, el gobierno las nacionaliza y le paga el precio del ternero que tenga la primera.
COMUNISMO es cuando: Usted tiene dos vacas, el gobierno requisa las vacas y le da un poco de leche.
FASCISMO es cuando: Usted tiene dos vacas, el gobierno le requisa ambas vacas y le fusila a usted para que no proteste.
DEMOCRACIA es cuando: Usted tiene dos vacas, el gobierno le deja las dos vacas, usted se espabila para mantenerlas, vende la leche o las vacas y el dinero es para el gobierno.
CAPITALISMO es cuando: Usted tiene dos vacas, vende una y compra un toro, se reproducen y tiene muchas vacas. Entonces, o le sobra leche o le falta alfalfa, si le falta alfalfa se mueren las vacas y usted se arruina; si le sobra leche, baja el precio en el mercado y también se arruina.
Y NACIONALISMO es cuando: Usted tiene dos vacas y ocurre cualquiera de los casos especificados, pero las vacas primero se pintan con los colores de la autonomía.
LE SUGERIMOS QUE: [Sarta de tonterías, ainda superior ás anteriores]
- Etiquetags:
ás 12:17
Bloga, bloga, …mariñeiro!
arquivado en: Ciberlingua, galEGO, Xeral
Sentado na escaleira da porta da casa, mira á dereita como o porto vai tomando vida. Sinte ó lonxe o ruido de motores, gruas,… e o balbordo da xente, que aparenta moverse aleatoriamente nun pequeno formigueiro de caixas, contedores e palés.
Extende a man, e cos dedos, tenta atrapar unha das pequenas formigas, e desfacela entre os dedos. Pero escapan sempre e confúndense entre elas, tendo que comezar de novo.
No ceo, os paxaros cobizan o peixe recén chegado, e poñen o contrapunto musical ó ruido mecánico de fondo. Entre a percusión e o vento, as cordas entran en xogo cando sinte o sinal do teléfono á súa espalda.
Logo de colgar, e cun sinal de indiferencia desdebuxado na súa cara, trata de poñer as cousas en orde na súa cabeza e decide pechar todo o pasado que deixa tras de si, e botar rumbo a poniente, seguindo o sentido das cousas que queren esquecerse.
Non sinte desacougo, cando pecha a porta da casa que o viu nacer. Tampouco cando, dende a estrada contempla a silueta da súa sombra. Gustaríalle quedar inmóbil e sentir o seu movemento, e agardar ó luar para que o perfilase, coma de pequeno, cando saia á noite para columpiarse e darlle patadas a aquela fermosa bola iluminada, desexando, no punto máis alto poder saltar e agarrarse a ela.
Pero botou a andar, e con él foi arrastrando as súas inquedanzas.
- Etiquetags:
ás 11:43
Debate
Hoxe na fonte de Santa Mariña, gran debate político-relixioso.
A señora coa botella de Fanta rediseñada, escoita ó propietario da garrafa de 5 litros, que resalta: O Zapatero xa dixo o outro día que nin había Dios nin había nada.
Ela conclúe: Pois algho ten que haber… porque animales non somos.
Depende… haiche animales con máis sentidiño que moitas persoas. Replica un terceiro.
Non podo quedarme até o final, pero a discusión toma tintes interesantes… deberíamos ir máis á fonte.
- Etiquetags:



ou
ou





