Empezo a estar moi canso…

430th Mai 2004Ceros e Uns, galEgo, Xeral

Xa estou farto dos estereotipos, das valoracións globais, das opinións xeneralistas, das concepcións de conxunto…

…onte tiven unha discusión sobre o comportamento persoal (das persoas) e as diferencias entre arrepentirse e equivocarse (as noites de festa dan para moito :wink: ) Non chegamos a grandes conclusións pero polo menos defendín a condición de ser, como cada un quere ser. E o dereito indiscutible á liberdade individual.

Hoxe pola mañá, levántome co anuncio dunha axencia de viaxes, e un fulano potenciando o recelo que xa ten a maioría da xente de cara ás matemáticas. Non é o primeiro, nin vai ser o último, pero xa está ben de facer sempre as mesmas gracias sobre as mates, que non axudan nada a achegalas máis á xente.

…e mentras, xa temos un novo primo.

4 Comments Feed de comentarios

  1. peke (30 Maio, 2004, 16:45).

    Si, a min tamén me rebentan os estereotipos e as clasificacións.
    Só se vive unha vez e non están os tempos para vivir como nos
    digan outros. (Este sistemiña de comentarios é un pouco enredoso)

  2. dorfun (30 Maio, 2004, 17:29).

    …pois non sei que lle ves de enredoso… será polo botón Dío? (si, a verdade é que non é a mellor traducción :???: )

  3. peke (30 Maio, 2004, 19:07).

    Non, non; é porque, cando escribes, non cambia de liña e, de súpeto, decátaste de que o cursor está pola parte final dereita da páxina e non se ve. (Non sei se me explico)

  4. dorfun (30 Maio, 2004, 19:36).

    …entendo o que queres dicir. Sí é un pouco raro… pero é cousa do WordPress :roll: De tódolos xeitos, podes escribir todo seguido e xa se encarga él só de adaptar o texto.

Add a Comment