Arquivos de Maio 14th, 2004
ás 16:17
Puñalada
arquivado en: Ceros e uns, Xeral
A xente do Movable Type, acaba de darlle unha puñalada ós seus clientes.
Soe pasar, un crea un programa xeitoso, medra, perfeccionase, púlese (moitas veces, gracias ós seus usuarios) e cando empeza a ser unha ferramenta de peso, véndese e convírtese nun programa comercial.
Non critico a opción dos seus creadores, senón o xeito de tratar a toda a xente que lle deu o seu respaldo, e que agora quedan a velas vir.
Suxerencias… saltar a wordpress.
Actualización: …que ademáis de ter foro, estrea metablog
- Etiquetags:
ás 12:16
Debilidades
arquivado en: Xeral
Non sei de onde partiu, pero teño debilidade polos libros de vampiros. Non sei se foi co conde de Barrio Sésamo, ou cos libros do pequeno vampiro,…
De feito teño unha minibiblioteca de libros de vampiros, co mítico de Bram Stoker, o clásico Soy Leyenda,…
…e de comics, cos impagables de Sergio Bleda.
Este domingo dan a peli do pequeno vampiro… vou ter que grabala.
…estou feito un friki do carallo! ![]()
- Etiquetags:



ou
ou





