O imperio do monopolio

Paseo polo centro de Ferrol, estase a celebrar o Correlingua, así que mentras celebran unha festa da lingua, os cativos escapan da praza cara ós zaras, bershkas, pull and bears e outras tendas variadas. :neutral:

Paso por diante dunha librería, e tamén caio na tentación… agora que como non me guste!!!

O día do patrón

Estos da SGAE, teñen moito tempo libre, non?

Eu entendo o dos dereitos de autor. A necesidade de protexer e percibir unha compensación (económica) polo traballo creado.

Pero a pretensión de cobrar ás orquestas, comisións de festas,… un canón por dereitos de propiedade intelectual, cando se canta nas pezas da misa ou na verbena, algún tema dalgún autor asociado… paréceme de xuzgado de guardia! :evil:

Xa van escaseando as fetas populares, como para boicotealas, con tonterías coma estas.

Onte na SER, Nacho Cano, reclamaba a súa inocencia da acusación de plaxio por parte do programa Hora 25. Que nun alarde de humildade (que non vexo noutros programas radiofónicos) Carlos Llamas excusaba, e pedía perdón polos danos ocasionados. Nacho traia un estudio perital feito pola SGAE onde demostraba que a súa canción para a voda, non era un plaxio. Perfecto.

Por certo que o sábado 22 estarei na voda…