Arquivos de Maio 11th, 2004
ás 20:06
Mundo dixital!?
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
O dixital debe vender, senón non entendo o de publicitar unha plancha dixital, ou un cinto deses para adelgazar, que vibran, con procesadores dixitais!? (¿existen procesadores de uso común non dixitais?)
Mentras agardo o meu turno no banco, o actualizador automático de libretas, vólvese tolo tentando pasar a páxina, para seguir escribindo pola seguinte. E dúas señoras que agardan sentadas a súa vez, cóntanse as suas penas e enfermidades comúns, ó carón dun aparato para mercar entradas por internet, que morre coa risa mentras se cubre de po.
De camiño de volta dun congreso de software libre en valencia, morren dous membros de hispalinux, en accidente de tráfico.
Celebrase o nacemento de Dalí… hoxe o paranoico crítico son eu. ![]()
- Etiquetags:
ás 19:11
Mozilla
arquivado en: Ceros e uns, Xeral
Levo moito tempo usando Mozilla, e a verdade é que, agora mesmo, non o cambiaría por nada.
Gracias a Jacobo Tarrío e o proxecto trasno, teñoo en galego.
NUNCA vin unha desas famosas xanelas emerxentes (pop-ups).
NUNCA se me colgou incluso con máis de 20 lapelas abertas á vez.
O cliente de correo integrado, píllame case todo o correo lixo e cómeo con patacas.
Obviamente as vulnerabilidades do Internet Explorer fanlle cóxegas.
E agora a xente de bloglines ven de engadirlle un plugín, para os seus sindicados.
…eu non sei porque estás ainda co IE!
- Etiquetags:



ou
ou





