Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Maio 6th, 2004



06.
Maio
ás 15:56
1

Agasallos 2 (nunca segundas partes foron boas)

arquivado en: galEGO, Xeral

Non son moi amigo de publicar cousas, pero hoxe apetecíame regalar algo meu. Este mini-conto leva moito tempo escrito. Tocoulle hoxe…

Achégome á porta e sinto a súa voz. Tan perfecta.
Boas noites, Alberte.
Boas noites, Alicia.
Respondo con indiferencia,coma tódalas noites, pero a ela dalle igual. Sempre lle da igual.
¿Queres que poña algo de música? Non é necesario, prepárame unha ducha e chama por unha pizza.
Ela escoita, e sen que eu o note, dou por feito que terei a miña ducha a vintetrés grados
como a min me gusta, e a pizza mariñeira, con anchoas e gambas. Bueno, se se lle poden chamar
gambas a esos bultos rosados con sabor a sabe deus que.
Dentro de quince minutos estará aquí.
Sabes, Alicia, ás veces penso que non eres feliz xunta min.
¿Porqué dis iso? Disfruto estando contigo, nacín para estar ó teu carón.
Pero estás todo o día soa, na casa, sen compaña, ó mellor deberíaste mudar e buscar alguén…
¿Xa non me necesitas?
Non é iso é que…
Coñeciches a alguén…
…si.
Non te preocupes, comprendoo perfectamente, estou programada para iso. Mañá informarei á empresa.
Foi un pracer terte servido.
Gracias Alicia.
Boas noites, Alberte.
Foi o último que dixo. Tal vez, fose coincidencia, pero mentras me secaba, do grifo da ducha esbararon catro gotas.

    Etiquetags:




06.
Maio
ás 15:29
2

F mérides

arquivado en: galEGO, Xeral

Tal día coma hoxe nacen Orson Wells, Rodolfo Valentino e Lolita :oops:

Tamén inauguran o eurotunel entre Francia e Gran Bretaña :shock:

John Deere fabrica a primeira chapa de aceiro e en Inglaterra poñen en venta o primeiro selo.Trazo de Xis (Aproveita para mercar o selo que sacaron de Trazo de Tiza, de Miguelanxo Prado)

José Martí nomeado xefe da revolución cubana, e liberan e expulsan de México a Mercader, o asasino de Trotski :???:

Un filipino, posible autor do famoso virus “I love you”.

…e nace fai moito tempo, o que asina isto. :wink:

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999