Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Maio, 2004



31.
Maio
ás 11:56
0

Segredos a voces

arquivado en: Xeral

… a anotación de abaixo, non estaba seguro de facela “publica”… ainda que non estou seguro de porqué.

En calquera caso o contrasinal é “a versión alfanumér1ca” do nome da anotación, así que de paso xogamos un pouco :wink:

Por certo que convidei a máis xente á dorfunteca, así que aparecerán cousas raras por aquí… supoño :roll:!

    Etiquetags:




31.
Maio
ás 11:40
Introduza o seu contrasinal para ver os comentarios

Protexido: Recomendacións

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Este artigo está protexido. Para velo introduza o contrasinal debaixo:


    Etiquetags:




30.
Maio
ás 16:06
4

Empezo a estar moi canso…

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Xa estou farto dos estereotipos, das valoracións globais, das opinións xeneralistas, das concepcións de conxunto…

…onte tiven unha discusión sobre o comportamento persoal (das persoas) e as diferencias entre arrepentirse e equivocarse (as noites de festa dan para moito :wink:) Non chegamos a grandes conclusións pero polo menos defendín a condición de ser, como cada un quere ser. E o dereito indiscutible á liberdade individual.

Hoxe pola mañá, levántome co anuncio dunha axencia de viaxes, e un fulano potenciando o recelo que xa ten a maioría da xente de cara ás matemáticas. Non é o primeiro, nin vai ser o último, pero xa está ben de facer sempre as mesmas gracias sobre as mates, que non axudan nada a achegalas máis á xente.

…e mentras, xa temos un novo primo.

    Etiquetags:




28.
Maio
ás 15:08
2

de mudanzas

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Bueno, pois supoño que ía ser cousa de tempo, pero finalmente abandono o barco de webcindario. Non é un mal servidor, para ser de balde, pero para levar unha bitácora, tal vez non sexa o máis efectivo. Esto non quere decir que deixe a bitácora, simplemente cambia de domicilio.

A dorfunteca, segue activa, pero en lugar de http://dorfun.webcindario.com/wordpress
…agora o seu fogar é http://dorfun.bitacoras.com

Quero agradecer a mi@rroba polo espacio que prestou a esta bitácora, e a bitácoras.com pola nova casa.

A partir de hoxe, tentarei duplicar as anotacións nas dúas bitácoras durante 2 ou 3 semáns, para que a xente que pasa por aquí :grin: non se perda, pero en webcindario, engadirei sempre o enderezo oficial.

Para os que me teñan sindicado, terán que modificalo por este (copia e pega). Para os que me teñan nas súas ligazóns… pois graciñas por terme nelas :oops: …e gracias por actualizala :wink:

O porqué do cambio (ademáis do mellor servicio de bitácoras.com), veuse reforzado polo lanzamento do WordPress 1.2, que será o motor que mova esta bitácora. Como novidade principal, dicir que tanto nubeiro coma min, estamos a preparar a traducción do WP, que supoño que nun par de semáns estará finalizada. Así que todos os que se están pasando, ou teñen intención de pasarse… agora non teñen excusa!

    Etiquetags:




27.
Maio
ás 16:40
3

Ladykillers

arquivado en: Xeral

Tocoulle onte á última dos Coen, nada do outro mundo, pero saben facer ben unha historia que calquera outro director enviaría directamente ás videotecas. Ademáis merece ser vista por que…

- …son os Coen!
- …os fan do Gospell disfrutaran algo.
- …poderás ver a un Tom Hanks convincente no seu papel.
- …botan o corto de Dalí con Disney: Destino, e está moi ben.

O outro día, falaba cos amigos, se Dalí era importante por sí mesmo ou polas súas obras. Había quen dicia que a Dalí superouno ÉL mesmo, como personaxe. Que era máis coñecido pola súa extravagancia que pola súa obra.

Canta xente hai así polo mundo? (non valen políticos!)

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999