A rede Jabber

Non sei se alguén sabe o que é, pero é un gran invento!

É unha rede de mensaxería instantánea como a de Microsoft ou Yahoo messenger… pero completamente libre.

E o máis importante, compatible coas outras dúas, ou sexa que en vez de ter os dous programiñas, instalas un coma o exodus (que é o que uso eu), conectaste a un servidor (myjabber.net, mundo-chat.org,…), que ofreza pasarelas para as outras dúas (algún día a xente usará a propia rede jabber)… e xa está!

Máis información no único!? servidor portugúes.

NOVIDADES: Pois estiven falando con soul webmaster do Proxecto Oasis, e a verdade é que o servidor funciona perfectamente, e as pasarelas igual. Ademáis é servidor de irc, e … vaia, canta cousa!!!
Por outra banda, creo que vou abandoar Exodus en favor de Neos, que xa probara hai tempo. Xa non é código libre… pero é tan pavero ;)