Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Abril, 2004



29.
Abril
ás 17:30
1

…e senón, á forza!

arquivado en: Ceros e uns, Xeral

Fai case 30 anos, desenrolouse un novo camiño para o mundo da criptografía.

Até o momento as comunicacións secretas, consistían en codificar a mensaxe cunha determinada chave, que tamén solucionaba a decodificación.

Pero no 76 Diffie e Hellman, plantexaron unha idea novidosa: Que o xeito de codificación, non servira para decodificar.

Máis tarde, apareceu unha aplicación directa de tal ensaio (entre outras): O algoritmo RSA, que se basea en que a factorización dun número (moi grande!) como producto de dous números primos, leva moito traballo. É dicir, saber que 17 por 23 son 391 é relativamente sinxelo, e tal vez tamén, que 391 é 17 por 23. Pero se falamos de números de dúcias de cifras, a cousa é moito máis favorable para a multiplicación, que para a factorización.

Pois o caso é que, até o momento, os xeitos de calcular a descomposición dun número nos seus factores primos, son versións elaboradas, da práctica da “forza bruta” (non podo nin imaxinar o que pasaría, se descubres un algoritmo eficiente para a factorización) Para saber os factores de 391 imos probando cos primos inferiores, 2, 3, 5,… até ver se algún vale (ben, algo máis elaborado que isto).

O caso é que me entero de que xa se factorizou o RSA-576, un número de 174 decimais! en 3 meses de cálculo intensivo, de 100 estacións de traballo.

Actualmente usase RSA en moitas transaccións por internet (RSA-1024) que case duplica as cifras, co cal a seguridade está relativamente garantida. De tódolos xeitos a min o que me sorprende (despois deste ladrillo de anotación :wink:) é que, pese a todo, para certas cousas seguimos recurrindo á forza bruta… ainda que non sexan matemáticas!

Hai algún antropólogo por aí:?:

    Etiquetags:




28.
Abril
ás 21:28
1

Caralladas co CSS

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Andiven a facer caralladas co CSS (nótase non?)

O CSS (estilos de folla en fevenza!?) é o xeito de cambiar o estilo dunha páxina web a partires da determinación das súas compoñentes. É como facer un molde para figuras. As figuras son as que son (textos, cabeceiras, ligazóns,…) e o molde (CSS) colocaas e dalles forma.

Non é demasiado complicado se fas uso dalgún programiña coma TopStyle (con versión Lite de balde).

Para manuais e tutorias, remítome a google.

Quedoume un pouco verde… pero xá madurará! :wink:

    Etiquetags:




28.
Abril
ás 12:05
0

Como facer de google o rei…

arquivado en: Xeral

Unha conta de gmail, pode estar ben (independientemente das repercusións de intrusismo publicitario e anonimato), pero precisase algo máis.

Ía copiar, tal cual, o desexo de minid, pero penseino mellor, e deixo que o leas.

Eu engado, que lea sindicados!

ENGADIDO: …ou como facerse o rei do google!
Tamen en minid, tomo nota do talendro

    Etiquetags:




27.
Abril
ás 16:56
1

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

Sí, sí no estaría mal pa variar, ¿eh? ¿Que una mujer matara a un hobre? Eso sí que saldría en los libros.

Marie Kelly en From Hell de Alan moore e Eddie Campbell

:sad:

    Etiquetags:




26.
Abril
ás 17:31
1

Cadeas

arquivado en: galEGO, Xeral

Unha cadea mental: Estaba a barallar que camiseta ía facer co permiso dos aduaneiros. Pensei en facer un deseño propio, e veume á mente un zapping do luar deste domingo, no que a presentadora usaba un libro sobre a cabeza, como mostra das clases de desfile das axencias de modelos. E decateime de que galiza foi unha gran escola de modelos. Cantas mulleres cargaron, con sellas na cabeza. E pensei onde buscar o deseño. Na miña casa hai un libro (que non sei de onde saiu!) de fotografías (postais mais ben) da editorial Gervasio Sánchez (GERSAN) [é un album máis ancho que alto, que só ten fotografías de galiza a tamaño postal, algunhas acompañadas dun grupo típico]. Busquei unha foto coma esta…
sellas
…non a atopei (atopei outras sen desperdicio!), e saquei dúas conclusións: que non sei debuxar e que preciso un escaner. De tódolos xeitos, se alguén ten unha foto semellante, que faga o favor de mandarma.

Cadea tecnolóxica: Apúntanme a orkut e apúntome a intper. Non sei moi ben da utilidade destas colonias da amizade. Non me van moito este tipo de cousas… pero a ver que dan de sí.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999