De vez en cando, saltando de póla en póla, pola rede, chegamos a páxinas literalmente incomprensibles, xa que non sabemos en que idioma está escrito.
Dende o blog de Midnet, descubrin un “metabuscador de linguaxes”. A idea consiste en escribir un texto nunha caixa, e o programa identifica a lingua na que está escrito o texto… Esa é a teoría, a realidade é que probei con onte pola noite collín un libro e púxenme a ler e dos 10 motores de identificación que permite, 7 equivocáronse (dende o italiano, español, esloveno!!!) , a 2 non lles chegou o texto que escribín, e o gañador, non só acertou, ademáis dixo que se non era galego era portugues/brasileiro.
Ainda queda un raio de esperanza.