Arquivos de Marzo, 2004
ás 22:04
Ola dorfun do futuro!
arquivado en: Xeral
Acabo de enviarme unha mensaxe, que recibirei no futuro.
Pode parecer unha parvada, pero non vos lembrades das típicas pelis ianquis (ben, e en Ameliè tamén!) nas que a xente garda recordos nunha caixa que esconde, para abrila no futuro.
Ou as magníficas primeiras pedras, coas que nos deleitan os políticos onde deixan un xornal, unha foto, e non sei canta trapallada máis.
Ben, pois o caso é que en Futureme, podes escribir unha mensaxe de correo, que recibirás… cando queiras nos vindeiros 15 anos!!!
…sí, pero seguro que tamén picades!
- Etiquetags:
ás 18:10
…a xa chegaron todos.
arquivado en: Ceros e uns
Levo un tempo (1 mes ou así) con un acoso incríble por parte dos nosos amigos os virus. E hoxe tocoulle ó novedoso Netsky.p
Eu supoño que será por que o meu enderezo de correo é de dominio público e andará por canto sitio hai. Agora fódeme, porque se teño que cambiar o enderezo por outro… Agardarei mentras o meu antivirus se porte.
Por certo que para protexerme, se alguén sabe calcetar, que me faga un coma este…

…está baseado nun obxeto matemático que se chama Botella de Klein, xeneralización directa da Banda de Möbius.
- Etiquetags:
ás 16:20
¡Concurso!
A ver quen adiviña onde está esta praia…
Tras baixar os pesados chanzos, podemos ver o medote á nosa dereita,…

…e camiñar cara á fonte que descende pola ladeira…

E ata aqui podo ler.
- Etiquetags:
ás 12:45
Estos Simpsons, sonche do que non hai…
arquivado en: Xeral
Despois de escachar coa risa, co comentario de Paleón, acerca dos Simpsons, lembreime desta mensaxe

…adicada a Álvaro, con todo cariño!
- Etiquetags:
ás 19:28
¿PERO QUE NOS ESTÁN… VACILANDO?
arquivado en: PolÉtica

Hoxe chegou a gota que colmou o vaso. Pasou sen pena nin gloria polo telexornal do mediodía de Tele 5 (non sei noutras cadeas)
Era o fantástico humorista, George W. Bush, facendo gracias a conta das armas de destrucción masiva… que non existen!
Danme ganas de…
- Etiquetags:



ou
ou





